A
Abstinencia
En sentido estrito, enténdese por abstinencia o non consumo de drogas ou o seu cesamento tras un período máis ou menos longo de uso, abuso ou dependencia.
Abuso
É un concepto ambiguo porque fai referencia ás costumes propias de cada cultura. O que unha sociedade considera normativo nun momento da súa historia pode parecer abusivo para outra, ou para ela,nun momento diferente. A distinción entre o uso e o abuso entraña matices de difícil consideración polas diferenzas persoais e culturais. Segundo algúns estudos farmacolóxicos é posible establecer unha separación entre os que usan e abusan dunha droga; pero o que tamén parece claro é que as características bioxenéticas do individuo e o potencial aditivo da substancia varían o alcance do risco do abuso.
Adicción
Proceso que implica a aparición da dependencia ao consumo dunha substancia, xa sexa psíquica ou física
Adulteración
Adicción doutras substancias á droga pura, para obter máis cantidade á hora de vendela. As substancias máis empregadas para “cortar” a droga son a quinina, estricnina, cafeína, azucres, etc
Alcatrán
Substancias producidas pola combustión do tabaco. O alcatrán máis canceríxeno é o 3-4 alfa benzopireno, e a súa concentración é maior no tabaco rubio.
Alcohol
É a droga máis consumida no noso ámbito sociocultural e a que máis problemas sociosanitarios xera (accidentes de tráfico, malos tratos, separacións, alcoholismo, gastritis, problemas hepáticos, etc.).
Trátase dun depresor do sistema nervioso central (SNC) que paraliza progresivamente o funcionamento dos centros cerebrais superiores, producindo a desinhibición condutual e emocional do suxeito. Non é, pois, un estimulante, como ás veces se cre; a euforia inicial que provoca débese a que, pouco a pouco, vai durmindo os centros inhibidores do cerebro.
Alcoholemia
[1.] Concentración de alcohol no sangue, medida en gramos de alcohol por litro de sangre. Depende da graduación da bebida, da cantidade inxerida e do tempo durante o cal se estivo bebendo.
O alcohol absórbese nun 20% no estómago e nun 80% no intestino delgado, de onde pasa o sangue.
[2.] A alcoholemia é a cantidade de alcohol que hai no sangue despois de beber alcohol. Na lexislación española, o límite de alcoholemia para a condución de vehículos é de 0,5 gramo/litro de sangue
Alcoholismo
[1.] Síndrome de dependencia do alcohol de aparición progresiva. Caracterízase pola incapacidade de absterse, a pesar da evidencia de que o consumo de bebidas alcohólicas é responsable directo da deterioración física, psíquica e social que o individuo (e o seu ambiente sociofamiliar) padecen.
[2.] Enfermidade crónica e progresiva caracterizada por unha forte dependencia do alcohol, que acostuma ocasionar trastornos físicos e psíquicos a quen a padece.
Alucinación
Percepción de estímulos sensoriais (visións, sons ou táctiles) que non son reais e son vividos como tales.
Alucinóxenos
[1.] Substancias que ao chegar ao cerebro provocan alteracións, particularmente na forma de percibir a realidade, podendo dar lugar a verdadeiras alucinacións. O máis utilizado é o LSD (coñecido vulgarmente como “ácido” e “tripi” ), poden provocar reaccións de pánico e reaparicións da experiencia alucinóxena sen volver a consumir a substancia.
[2.] Grupo de substancias quimicamente diferentes, con efectos semellantes, que provocan distorsións da percepción da realidade.
Anfetaminas
[1.] Estimulantes do SNC que foron profusamente utilizados nos conflitos bélicos europeos para vencer o esgotamento das tropas. Provocan axitación, euforia, sentimentos de grandiosidade, verborrea, e unha actitude de alerta e vixilancia constantes. O seu consumo crónico pode dar lugar a un cadro psicótico similar á esquizofrenia, con delirios persecutorios. [2.] Fármacos con efectos estimulantes sobre o SNC, sintetizados a partir da efredina, que é un medicamento obtido dunha planta (Catha edulis L.)
C
Cabalo
Un dos nomes populares co que se coñece a heroína
Cafeína
Os alcaloides xantínicos difiren só en potencia. A cafeína é a xantina máis potente, provoca un estímulo cortical e medular. A cafeína pode estimular o estado de alerta e aumentar a capacidade para realizar un traballo esgotador. Produce euforia que atrasa a negativa fronte a un traballo tenaz.
Efectos farmacolóxicos
As xantinas distribúeas ben o organismo tras a administración oral cunha vida vitro de tres horas e media, mentres que a da teofilina (presente no té) é de 5 horas as xantinas dilatan as arterias coronarias e acostuman ser usadas en casos de anxina de peito, tamén en caso de asma.
TEXDOS/ACCIÓN
Cortex / Euforia, antifatiga, estímulo moderado
Médula / Estímulo respiratorio, vasomotor e vagal
Cardíaco / Elevación do ritmo cardíaco
Vasos sanguíneos / Vasodilatación periférica. Vasoconstricción central
Bronquiolos / Dilatación
Muscular esquelético / Estímulo
Renal / Diursis
Tracto intestinal / Incremento da secreción gástrica
Efectos adversos por sobredose
A cafeína non é tóxica, non obstante a dose fatal estimada para a cafeína en humanos provoca estados de ansiedade, irritabilidade, tremores nerviosos, hipertermia..., arritmias, hipotensión aguda debida á vasodilatación. A inxestión elevada de cafeína pode provocar un exceso de respiración, diuresis, tolerancia e aparición de síndromes de abstinencia (tras 12 horas da última inxestión). O consumo de cafés non está relacionado co cancro.
Medicamentos con cafeína
Hoxe en día existen multitude de medicamentos con cafeína xa sexa cafeína soa ou asociada con outros principios activos como no caso dos analxésicos. Os medicamentos que conteñen unicamente cafeína están indicados oficialmente para casos de astenia, cansancio de orixe intelectual ou, con todo recórrense a eles en situacións nas que hai que manter a vixilia como no caso dos transportistas por citar un sector de consumo. Se vai consumir un destes medicamentos pida consello a o seu farmacéutico.
Camelo
Persoa que trafica ou “trapichea” con drogas, frecuentemente pode satisfacer o propio consumo
Cannabis
[1.] Coa resina, as follas e as flores desta planta elabóranse as substancias psicoactivas máis coñecidas (haxix e marihuana) e máis utilizadas (sobre todo o haxix) entre as drogas ilegais.
É a droga máis polémica, por canto ten importantes partidarios e detractores que defenden, respectivamente, a inocuidade e a nocividade dos seus efectos.
[2.] Droga obtida da planta “Cannabis Sativa L.”, producida en países mediterráneos europeos, no norte de África, México, Irán ou Líbano, e que se emprega fumada en pipa ou mesturada co tabaco en cigarros ou porros.
Chino
Forma de consumo da heroína, fumada e inhalada por vía pulmonar.
Cirrosis
Grave afectación hepática que acostuma producirse polo consumo prolongado e abusivo do alcohol.
Cocaína
[1.] Estimulante do SNC consumido xeralmente por inhalación. A súa fácil absorción fai que chegue rapidamente ao cerebro, provocando reaccións de euforia, diminución da fatiga, do sono e do apetito, aumento da sociabilidade, etc.
[2.] Alcaloide extraído dun arbusto ordinario do Perú, Bolivia e Colombia chamado Eritroxillum coca L., que exerce un efecto estimulante sobre o sistema nervioso central.
Codeína
Derivado do opio con actividade analxésica se se administra por vía oral. Utilízase no tratamento da tose, formando parte da composición de numerosos xaropes.
Codependencia
Utilízase este concepto para facer referencia ao impacto que a drogodependencia dun individuo ten no seu contorno emocional, familia, parella, amizades, etc). Estas persoas ven alterada a súa conduta, as súas actitudes e os seus sentimentos.
Comisionado do Plan Autonómico sobre Drogodependencias
Polo Decreto 33/1993 créase o Comisionado do Plan Autonómico sobre Drogodependencias da Administración Autonómica Galega, como figura aglutinadora de todas as actuacións neste ámbito. As súas funcións céntranse fundamentalmente en:
1.Coordinación das actuacións das concellerías en materia de drogodependencias coas outras Administracións e ONGs
2. Informar e asesorar os órganos directivos e colexiados con responsabilidades neste ámbito.
3. Deseñar e dirixir a política xeral da Comunidade Autónoma en materia de drogodependencias. As Comisións e relatorios técnicos que se organicen.
4. En xeral, propor calquera outra actividade ou iniciativa nesta materia.
Para levar a cabo estas funcións, conta cunha oficina estruturada en dúas áreas:
- Asistencia, Formación e Investigación
- Prevención, Reinserción e Coordinación
Conduta aditiva
Establecemento dunha relación negativa e prexudicial con algo ou alguén (drogas, sexo, xogo, diñeiro…), que pode chegar a converterse nunha dependencia patolóxica.
Crack
Pequenas boliñas de base libre de cocaína obtida por medio da aplicación de bicarbonato sódico e auga. Acostúmase fumar sobre un anaco de papel de aluminio
D
Delirium tremens
Forma grave da síndrome de abstinencia polo alcohol que se acompaña de confusión, desorientación, tremores e graves alucinacións
Dependencia
Seguindo o memorando da Organización Mundial da Saúde (OMS) podemos conceptualizar a dependencia como aquela pauta de comportamento na que se lle dá prioridade ao uso dunha substancia psicoactiva fronte a outras condutas consideradas antes como máis importantes.
Este concepto pode subdividirse en :
1.D. FÍSICA.: A droga incorporouse ao metabolismo do suxeito. O organismo habituouse á presenza constante da substancia, de tal forma que precisa manter un determinado nivel en sangue para funcionar con normalidade.
Depresión
Trastorno psicolóxico caracterizado por: tristeza, falta de interese polas cousas, alteración do sono, alteración do apetito, falta de enerxía, falta de concentración, irritabilidade… durante un período longo de tempo
Deshabituación
Proceso polo cal o individuo con algunha adicción adquire capacidades psicolóxicas que lle fan posible o abandono da relación de dependencia coa droga
Desintoxicación
Unha das fases do tratamento de adicción ás drogas, na que se intenta reforzar ao organismo para que este se desfaga das substancias tóxicas que entran nel.
E
Educación para a saúde
Estratexia educativa orientada a favorecer un estilo de vida saudable, a través da promoción de actitudes e hábitos de responsabilidade coa saúde propia e a do medio.
Embriaguez
Intoxicación aguda polo alcohol etílico, que se produce por unha inxestión excesiva de bebidas alcohólicas nun período corto de tempo.
EPOC
EPOC ou enfermidade pulmonar obstrutiva crónica, é unha das consecuencias do hábito tabaqueiro e caracterízase por tose crónica e dificultade para respirar.
Escola de nais e pais
Espazo de reflexión dirixido a nais e pais con fillos en idade escolar. Centra os seus obxectivos no debate acerca do xeito máis eficaz de educar aos fillo/as, e a adquisición de habilidades que lles permitan afrontar con éxito situacións de conflito. As drogas, a sexualidade, os conflitos nais e pais / fillos/as, a autoridade, etc., son algúns dos temas útiles para fortalecer o compromiso materno/paterno coa educación.
F
Flashback
Experimentación de escenas vividas no pasado, sen que a persoa tomase a droga. Poden transcorrer días, meses e incluso anos entre a toma da substancia e a repetición dos efectos.
Fumador pasivo
Trátase daquela persoa que decidiu non fumar ou deixar o tabaco e que se ve obrigada a inhalar o fume procedente dos cigarros dos que fuman ao seu redor. Este fume é máis tóxico que o que o propio fumador inhala, xa que contén 1,4 veces máis alcatrán, 3,2 veces máis nicotina e 3,1 veces máis monóxido de carbono.
H
HerbaFillas ou flores de cannabis picadas como tabaco, coas que se preparan cigarros para fumar. Contén un 1-2% de THC.
Heroína
Opiáceo semisintético derivado da morfina, con elevado poder aditivo. Sintetizado a finais do século pasado pola compañía BAYER como suposto remedio contra a adicción á morfina, mostrou moita máis capacidade aditiva que ela, paralela á súa, tamén, superior capacidade analxésica (aliviadora da dor).
Hipnóticos
Fármacos que reducen o nivel de alerta de quen os consumen.
I
Inhalantes
Substancias moi volátiles presentes nos esmaltes de uñas, pegamentos, quitamanchas, líquidos para limpar mobles, desodorizante, vernices, gasolina, etc. Son substancias perturbadoras do sistema nervioso central que, polos seus efectos sobre o cerebro, acostuman a clasificarse dentro da categoría dos psicodislépticos (alucinóxenos). Son drogas usadas, fundamentalmente, polos adolescentes de núcleos marxinais.
Intoxicación
Cando o consumo dunha droga é superior, en cantidade ou frecuencia, á capacidade do organismo para eliminala, falamos de intoxicación, que podemos dividir en:
1.- Intoxicación aguda: é a “borracheira” ou “colocón” provocados por unha acumulación da substancia nun tempo menor do que o organismo emprega en desintoxicarse. Cando é grave pode chegar a pórse en risco a vida do consumidor (sobredose de heroína, coma etílico, etc.)
2.- Intoxicación crónica: cando o consumo da substancias se fai cotiá, e o organismo recibe diariamente unha cantidade superior á que consegue eliminar. Maniféstase a través de fenómenos de tolerancia e dependencia variables en función de cada droga e organismo do consumidor.
A intoxicación crónica supón unha alteración biolóxica, psicolóxica e social nun suxeito permanentemente impregnado de substancias aditivas.
N
Neuroadaptación
É un estado producido pola acción repetida da substancia psicoactiva sobre as células e redes neuronais, que provoca nestas unha serie de cambios destinados a recuperar o nivel de funcionamento previo á acción da substancia (mecanismo homoestático). Unha vez producida esta, se o drogodependente deixa de consumir o tóxico, prodúcese unha nova alteración da actividade neuronal que dará lugar á síndrome de abstinencia.
Nicotina
Substancia que forma parte da composición do tabaco que aumenta a tensión arterial e a frecuencia cardíaca. Xera dependencia física e tolerancia, e ten un poder aditivo de 6 a 8 veces máis forte que o alcohol.
O
OpiáceosFamilia de substancias psicoactivas derivadas dos alcaloides do opio. O opio é unha substancia resinosa procedente da domidera Papaver somniferum, consumido dende a antigüidade polas propiedades medicinais e psicotrópicas. Podemos clasificar os opiáceos do seguinte xeito:
A. Opiáceos naturais: alcaloides derivados do opio como morfina e codeína.
B. Opiáceos semisintéticos: elaborados quimicamente a partir da morfina, como é a heroína.
C. Opiáceos sintéticos: elaborados por completo en laboratorios, como por exemplo a metadona.
Os opiáceos teñen un gran poder analxésico, polo que teñen unha clara indicación médica naqueles procesos patolóxicos que cursan con dor (distintas formas de cancro, por exemplo). Ademais da súa acción sobre a percepción da dolor producen unha sensación de benestar e euforia, acompañada de sedación
Opio
Resina obtida mediante a incisión da froita ou a cápsula da planta Papaver Somniferum L.
P
Paranoia
Sentimentos persistentes de desconfianza e suspicacia cara outras persoas, con incapacidade de recoñecer os seus propios sentimentos negativos cara os demais.
Pasta de coca
Produto obtido durante o proceso de fabricación do clorhidrato de cocaína, que contén un baixo porcentaxe de alcaloide, pero alto en residuos.
Pedra
Pequenas boliñas de base libre de cocaína obtida por medio da aplicación de bicarbonato sódico e auga. Acostuma fumarse sobre un anaco de papel de aluminio.
Pílula do amor
Droga de síntese composta por metilendioximetanfetamina ou MDMA.
Plan nacional sobre drogas
En 1985 o Goberno español aprobou a posta en marcha do Plan nacional sobre drogas, co obxectivo de racionalizar a resposta institucional ante o fenómeno das drogodependencias. Dito plan pretende establecer os criterios xerais do que debe ser unha intervención coherente nesta materia, a través dos seguintes ámbitos de actuación:
1. PREVENCIÓN
Orientada ao control e redución da oferta e a demanda de drogas, tanto institucionalizadas como non institucionalizadas.
2. ASISTENCIA E REINSERCIÓN:
- Optimización dos recursos da rede pública, dando lugar a unha oferta diversificada que permita individualizar a intervención. - Incorporación ao mercado sociolaboral dos que se encontran inmersos nun proceso de abandono de drogas.
3. COORDINACIÓN
Entre as administracións públicas (estatais, autonómicas e locais) que interveñen no plan.
- Cooperación coas organizacións non gobernamentais (ONG).
- Cooperación internacional.
4. FORMACIÓN, DOCUMENTACIÓN E INVESTIGACIÓN:
- Desenvolvemento de cursos e seminarios a diversos colectivos.
- Consolidación do SEIT (Sistema de Información en Toxicomanías).
Plans autonómicos
Cada comunidade autónoma puxo en marcha o seu propio plan autonómico de drogodependencias para articular as directrices xerais do PNSD coas peculiaridades da súa propia realidade. Estes plans son en cada unha o referente institucional último de cantas intervencións se leven a cabo para a prevención, asistencia e reinserción das drogodependencias. Estes distintos plans autonómicos están representados no PNSD a través da Conferencia Sectorial e a Comisión Interautonómica.
Plans municipais
Distintos concellos puxeron en marcha un plan municipal de drogodependencias que, cunha ou outra denominación, trata de aglutinar os recursos e esforzos locais para impulsar unha intervención coherente na materia.
Nuns casos trátase de plans específicos de prevención, mentres que noutros incorporan as distintas vertentes da intervención en drogodependencias. Todos teñen en común, en calquera caso, a tentativa de implicar á comunidade local na actuación ante as distintas dimensións do fenómeno.
Poboación en risco
Un factor de risco é aquel elemento en presenza da cal aumenta a probabilidade de que se produza unha determinada situación. En fenómenos tan complexos como as drogodependencias, nos que entran en xogo tantas variables, é difícil determinar aqueles factores que irían perfilando as características dunha suposta poboación en risco. Os “factores de risco” serían tantos que darían lugar a numerosas combinacións posibles.
Policonsumo
Non é frecuente entre consumidores habituais a utilización dunha única droga. Xeralmente realízase un consumo de diversas substancias máis ou menos aditivas. Así, por exemplo, pódense beber cantidades excesivas de alcohol, fumar máis dun paquete de cigarros ao día, fumar “porros” e inhalar cocaína as fins de semana. As combinacións posibles serían numerosas. Ata tal punto está xeralizada esta situación de policonsumo que, cando un drogodependente fai unha demanda de tratamento, non é inusual encontrar unha dependencia difusa a diversas substancias
Poper
Droga inhalable composta de distintas substancias, sendo o nitrato de amilo o compoñente causante dos seus efectos
Prevención
Conxunto de esforzos (recursos, servizos, programas) que unha comunidade pon en marcha para promover a saúde dos seus membros e reducir razoablemente a probabilidade de que aparezan problemas relacionados cos consumos de drogas.
O sentido común (“máis vale previr”) e os importantes custes que as drogodependencias representan, favoreceron unha aposta máis decidida polo quefacer preventivo. A prevención é un asunto que compete aos especialistas e a toda a comunidade (mestres, nais e pais, políticos, asociacións de nais y pais, técnicos municipais, policía, etc.)
Convencionalmente divídese a prevención en tres diferentes niveis:
- P. PRIMARIA: oriéntase a eliminar ou reducir ao máximo os problemas derivados do consumo de drogas
- P. SECUNDARIA: pretende a detención e intervención precoz sobre consumos incipientes de drogas, ca fin de impedir o seu agravamento e cronificación.
- P. TERCIARA: busca a reinserción de exdrogodependentes e a diminución das posibles secuelas debidas ao consumo.
O que propiamente se entende por prevención corresponde ao que nesta clasificación se denomina “prevención primaria”.
Psicofármacos
Coñecese así un amplo grupo de compostos que, actuando sobre distintas estruturas do cerebro, axudan a regular determinadas alteracións relacionadas dun xeito ou doutro con algúns trastornos psíquicos.
Os máis coñecidos receitados e consumidos de modo abusivo son os tranquilizantes (valium, tranxilium, etc.) e los hipnóticos (son pastillas para durmir).
Xunto co alcohol e o tabaco os psicofármacos son as substancias das que se fai maior abuso, e responsables dun maior número de dependencias, ata o punto de que, parafraseando a GIOVANNI JERVIS, se unha mañá desaparecesen os stocks de alcohol, tabaco, psicofármacos e café en calquera cidade moderna, probablemente se produciría o caos en cuestión de horas.
Un maior rigor médico á hora de prescribir estes fármacos, así como a utilización doutras técnicas terapéuticas (relaxación, psicoterapia, autocontrol, etc.) contribuirían a controlar unha das drogodependencias máis estendidas nos países desenvolvidos.
Psicose
Perda de contacto coa realidade. É un desorde mental que comporta a cambios no afecto, desordes no pensamento, problemas, alucinacións, confusión, depresión, excitación, medo.
Publicidade ilícita
O título II da Lei de publicidade (19) baixo a denominación xenérica de “publicidade ilícita” inclúe, xunto á publicidade que vulnere a dignidade e os dereitos constitucionais das persoas, a publicidade enganosa, a publicidade desleal e a publicidade subliminal, as seguintes limitacións:
- Prohíbese a publicidade de tabaco e a de bebidas con graduación alcohólica superior a 20 graos centesimais por medio da televisión.
- “Queda prohibida a publicidade de bebidas alcohólicas e de tabaco naqueles lugares onde estea prohibida a súa venda ou consumo”.
- “A forma, contido e condicións da publicidade do tabaco e bebidas alcohólicas serán limitadas regulamentariamente de cara á protección da saúde e seguridade das persoas, tendo en conta os suxeitos destinatarios, a non indución directa ou indirecta ao seu consumo indiscriminado e en atención aos ámbitos educativos, sanitarios e deportivos”.
Nos seus artigos 28 e 29 establece que as controversias derivadas da publicidade ilícita serán dirimidas polos órganos da xurisdición ordinaria, conforme ao establecido na Lei de enxuizamento civil. A aparición de normativas autonómicas en materia de drogodependencias pode provocar dificultades neste aspecto da publicidade, ao limitarse unicamente as súas competencias ao seu ámbito territorial.
R
Reforzo positivo/negativo no proceso de dependencia
As drogas actúan nun principio como reforzadores positivos porque despois do seu consumo prodúcese unha sensación de pracer e benestar. Isto vai propiciar que aumente a súa frecuencia e o aumento da dose consumida.
Unha vez que o suxeito é dependente desta vai levalo a intentar evitar a aparición da síndrome de abstinencia ou de suprimir a súa sintomatoloxía cando xa está instaurada; esta desaparición dun estado persoal negativo é polo que se denomina reforzador negativo.
Resina
Produto exudado pola planta que se fuma en pequenas cazoletas ou pipas, mesturado con tabaco. Contén un 50-60% de THC.
Risco de uso
Refírese ao potencial aditivo dunha substancia, á súa capacidade para xerar dependencia, para involucrarse no metabolismo e no funcionamento psíquico dun suxeito, e facerse imprescindible na súa vida.
Indubidablemente, unhas drogas teñen maior risco de uso ca outras. Pero o establecemento dun proceso de dependencia require a presenza dun suxeito para o cal o consumo de drogas se poida converter en prioritario, e isto non sempre ocorre. De aí que só unha minoría dos que entran en contacto coas drogas acaben establecendo con elas unha relación de dependencia
S
Sedantes
Fármacos que actúan como tranquilizantes, cun alto poder aditivo e cunha forte dependencia física.
Síndrome amotivacional
Conduta atribuíble ao consumo de cannabis. Caracterízase por desenvolver fenómenos de apatía, regresión, infantilismo, relaxación no estilo de vida, perda de interese polos estudos ou traballo…, en definitiva, perda das motivacións convencionais.
Síndrome de abstinencia
Tamén chamado síndrome de retirada ou de privación, é popularmente coñecido como “mono”. É un conxunto de síntomas psíquicos e físicos que aparecen ao interromper ou diminuír o consumo dunha droga da que se depende fisicamente.
Cada substancia dá lugar a unha síndrome de abstinencia característica, que nunca convén minimizar, pero tampouco dramatizar.
Sobredose
Intoxicación aguda dunha substancia que desborda toda posibilidade de resposta defensiva do organismo.
No caso do alcohol, conduce ao coma e, se non se intervén a tempo, a morte.
No caso da heroína, caracterízase polos seguintes síntomas: pupilas en punta de alfinete; cor azulada da pel; coma; depresión respiratoria que leva ao suxeito á morte se non se actúa con celeridade. Un drogodependente da heroína pode padecer unha sobredose por consumir unha substancia cunha pureza superior á habitual, ou por conseguir o consumo nas mesmas doses ca antes, tras un período de abstinencia que lle fixese perder a tolerancia á substancia.
Estes poden ser os cadros máis graves, pero tamén o resto das drogas poden provocar unha reacción de sobredose que ameace a integridade psicofísica do usuario.
Somníferos
Fármacos que inducen ao sono cun alto poder aditivo.
Speed
O sulfato de anfetamina ou speed é unha substancia sintetizada nos laboratorios clandestinos a partir das anfetaminas.
Substancias de corte
Adulterantes utilizados polos distintos intermediarios do mercado ilícito de drogas para aumentar a súa marxe de beneficios.
Os distintos cortes aos que se someten as drogas fan que cando chegan ao usuario a concentración da sustancia non sexa superior ao 10% no caso da heroína e o 25% no caso da cocaína.
Entre as substancias de corte máis utilizadas podemos citar:
- Para a heroína: talco, carbonato, azucre, cafeína, lactosa, etc.
- Para a cocaína: anfetaminas, talco, lidocaína,etc.
T
Tabaco
Planta solanácea da que se acadan distintas labores destinadas ao consumo humano (cigarros, puros, picadura de pipa, rapé, tabaco de mascar, etc.). A forma máis estendida é o cigarro, no fume do cal se identificaron gran número de compoñentes tóxicos e entre os cales os máis importantes son os seguintes:
- Nicotina: sustancia estimulante que da conta da dependencia física que o tabaco provoca.
- Alcatrán: sustancia canceríxena que inhala o fumador e os que o rodean.
- Irritantes: responsables da irritación do sistema respiratorio.
- Monóxido de carbono: adhírese á hemoglobina, dificultando a osixenación do organismo.
Entre os máis importantes efectos a curto prazo que provoca o consumo de tabaco podemos citar estes:
- Diminución da capacidade pulmonar
- Reduce os sentidos do gusto e o olfacto.
- Envellecemento prematuro da pel da cara.
- Mal alento
- Cor amarela de dedos e dentes.
- Tose e expectoracións, sobre todo matutinas.
Entre os seus efectos a longo prazo:
- É responsable directo do 90% das mortes por cancro de pulmón.
- É responsable igualmente do 75% das bronquites crónicas.
- Explica o 25% das cardiopatías isquémicas (infartos de miocardio e anxinas de peito).
Tabaquismo
Dependencia do tabaco, de características fundamentalmente psíquicas e, en menor medida, físicas. É difícil de romper, probablemente a consecuencia de que o cigarro está asociado a practicamente todas as situacións positivas ou negativas agradabels ou desagradabels, que o fumador experimenta ao longo do día. E isto durante un gran número de anos, na maioría dos casos.
Cando se suspende o consumo de tabaco é habitual a aparición dunha síndrome de abstinencia que ten como síntomas máis frecuentes as seguintes: ansiedade, irritabilidade, insomnio, dor de cabeza, fatiga, aumento do apetito, dificultade de concentración, etc. Esta síndrome, que aparece ás poucas horas de rematar o último cigarro, pode prolongarse durante 7-10 días.
Para romper a dependencia do tabaco ideáronse moitos procedementos (algúns deles auténticos fraudes), que van desde a hipnose á homeopatía. As técnicas que maior eficacia demostraron (ata un 40%-50% de abstinencia un ano despois de deixar de fumar) son os denominados programas multicompoñentes que incorporan técnicas cognitivas e condutuais de autocontrol do hábito, relaxación, modificación ambiental e prevención de recaídas, xunto cunha administración sustitutiva da droga (goma de mascar de nicotina). THC
O THC é o principio activo do cannabis.
Tipos de consumo
Non existe unha modalidade única de consumo de drogas, senón diversas posibilidades que podemos clasificar así:
Experimental: aquela persoa que, guiada pola curiosidade, anímase a probar unha ou outra droga, podendo posteriormente continuar o consumo ou interrompelo. A maioría dos que experimentan con drogas non pasan deste estadio.
Ocasional: uso espazado de drogas, cunha frecuencia menor a unha vez por semana. Polo xeral o suxeito acepta de forma pasiva as invitacións que recibe sen tomar a iniciativa de buscar as drogas.
Recreativa: consumo de drogas en momentos de diversión e busca de pracer. Pódese converter en problemática cando a frecuencia das “celebracións” aumenta, como ocorre por exemplo co uso recreativo do alcohol que realiza unha porcentaxe importante de mozas e mozos ao longo da fin de semana. Neste caso podemos falar xa dun consumo habitual no que o suxeito busca activamente os efectos das drogas. Outro risco importante do uso recreativo ten lugar cando se produce no cerebro unha combinación química (alcohol, porros, cocaína, etc.) de imprevisibles consecuencias.
Sistemática: forma de consumo daquel drogodependente que varias veces ao día recorre ás drogas (xeralmente a varias). A vida vaise estreitecendo ata xirar obsesivamente ao redor das drogas, mentres que calquera outra actividade vai lentamente perdendo importancia.
Tolerancia
Dise que unha droga produce tolerancia cando é preciso ir aumentando a cantidade consumida para experimentar os mesmos efectos. Ou o que é o mesmo, cando os efectos da mesma cantidade son cada vez menores.
É o que ocorre, poñamos por caso, co alcohol. Nos primeiros consumos adolescentes afecta notablemente aínda que con doses moi pequenas. Non obstante, se un insiste e se converte en consumidor habitual, o organismo vaise adaptando ao tóxico como medida de protección, acelérase a eliminación do alcohol e increméntase a capacidade de “aguante”. Aquela persoa que “aguanta” moito alcohol sen inmutarse debe sentirse máis preocupada que orgullosa da súa suposta fortaleza. A tolerancia é un indicio de alteración metabólica, consecuencia dun consumo crónico do que o organismo intenta defenderse.
Tolerancia cruzada
Proceso polo cal unha persoa que desenvolveu tolerancia cara unha determinada sustancia é tolerante tamén cara sustancias de similar familia farmacolóxica. Como exemplo podemos citar a tolerancia aos barbitúricos que desenvolven os alcohólicos.
Tranquilizantes
Fármacos con acción depresora do SNC. Case todos eles poden provocar unha depresión grave e como por sobredosificación.
Trastornos de inquietude
Resposta da persoa ante situacións que percibe como ameazadoras ou perigosas facendo que se prepare para defenderse ou escapar. A nivel emocional a persoa síntese nerviosa. O seu corpo pode responder con síntomas como: a sudoración, taquicardia, dificultades respiratorias, tensión muscular, insomnio, etc.
Cando o nivel de inquietude chega ao seu máximo pódese producir un ATAQUE DE PÁNICO, a persoa que o padece pensa que vai morrer ou volverse tola.
Trastornos de persoalidade
Trastornos duradeiros e estables no tempo cuxas características de persoalidade impiden acomodarse, adaptarse a moitas vivencias e situacións normais da vida. Asociado normalmente a dificultade nas relacións interpersoais.
U
Uso
Igual que ocorre co concepto de abuso, tamén este é difícil de precisar. O que para unhas persoas ou culturas é uso, pode significar para outras un claro abuso e viceversa. Non obstante, por uso de drogas podemos entender aquela modalidade de consumo que non reporta consecuencias negativas para o suxeito, nin físicas, nin psicolóxicas, nin sociais, ben sexa por producirse en pequenas cantidades ou cunha frecuencia mínima. Ben sexa por tratarse de persoas (xeralmente científicos, filósofos, escritores) que se serven das drogas para explorar no seu psiquismo e que, unha vez esgotada esta vía de experimentación, perden todo interese por elas.
Existen sustancias que teñen posibilidade de uso reducidas pola rápida ”tolerancia” que provocan e polo seu elevado “risco de uso”. Sería este o caso, por exemplo, dos derivados opiáceos (heroína, etc.) O mesmo ocorre co tabaco, no que os usuarios son, na súa maioría, dependentes.
Uso racional de medicamentos
Aquela forma de uso xustificada por razóns médicas e sometida, en duración e dose, á supervisión do profesional.
Cando o médico se nega a ser un mero dispensador de receitas, o farmacéutico non vende fármacos sen a correspondente receita, e o paciente reduce ao mínimo a automedicación, entón empeza a ser posible un uso racional de medicamentos.
Promover esta práctica persegue, cando menos, tres obxectivos:
1- Promover que o paciente acade o máximo beneficio dos fármacos prescritos.
2- Que o risco para a saúde derivado do consumo de medicamentos sexa mínimo.
3- Que o gasto farmacéutico se reduza, facendo posibles inversións máIs útiles.
X
Xantinas
Estimulantes menores do sistema nervioso central que, tomados en exceso, poden dar lugar a alteracións tales como ansiedade, insomnio, irritabilidade, gastrite… Forman esta familia as seguintes sustancias:
- Cafeína, contida no café e no té.
- Teofilina, contida no té.
- Teobromina, presente no cacao.
- Bebidas con cola.