Factores de risco
"Algunhas persoas manteñen un medo reverencial á información sobre as drogas. Como se dispoñer duhna información acertada sobre elas fose aumentar o consumo. A realidade é ben distinta. A información é un recurso necesario para tomar decisións intelixentes, informadas, autónomas, ante calquera desafío. Os riscos reais proceden da ignorancia. Non hai elección libre sen un saber acertado.
Unha sociedade máis culta, máis informada e mellor formada sobre as drogas será máis capaz de convivir nun mundo no que estas existen, reducindo o risco de establecer con elas relacións conflitivas"
Factores implicados no inicio do consumo
Factores da substancia. Propiedades bioquímicasProceso de socialización que inclúe a aprendizaxe de crenzas, expectativas e condutas en relación ao alcohol
Factores do entorno
Próximo: grupo de amigos, familia, escola, dispoñibilidade e acceso ás substancias, normas e leis en relación coas drogas, medios de comunicación, publicidade.
Amplo: deprivación social e económica, desorganización comunitaria, valores sociais, alternativas de ocio, intereses económicos
Factores do individuo
Idade, habilidades e recursos persoais de enfrontamento, expectativas de autoeficiencia, condutas problemáticas, crenzas e expectativas asociadas ao consumo. Fracaso escolar
PRIMEIROS CONSUMOS CONSECUENCIAS CONSUMO HABITUAL | ABANDONO
Factores de risco
Factor familiarO abuso de alcohol ou das drogas polos pais/nais
As malas relacións entre cónxuxes ou parella
As malas relacións pai-fillos
Enfermidade mental ou nerviosa na familia
O abafo pola situación económica familiar
Factor persoal
A sensación de abafo ou tensión
O abafo escolar
Sentimento de perda de confianza en si mesmo
A insatisfacción persoal
Pensaron ou intentaron suicidarse
Sensación de non poder superar as dificultades
Factor social A facilidade para obter drogas
Coñecer a consumidores de drogas
Percepción social negativa
Insatisfacción no ocio
Non participación social
Non integración no grupo
Factor laboral A mala situación contractual
A inquietude ante o futuro laboral
O cansancio intenso no traballo
Xornadas de traballo prolongadas
Insatisfacción no trato recibido
Insatisfacción na función ou no traballo
Traballo a obra feita ou de alto rendemento
Abafo e tensión no traballo
Factores de protección
Valores alternativosColaboración dos demais
Coidado do corpo e a saúde
Obxectivos claros na vida
Manterse á marxe de consumos de amigos
Ocuparse dos demais
Relixión
Actividades alternativas
Participación en actividades sociais
Practicar deporte
Participar en actividades humanitarias
Afección á lectura
Prácticas ou actividades relixiosas
Integración familiar
Diálogo pais-fillos sobre as drogas
Os pais falan dos riscos
Estabilidade familiar
Contar problemas na casa
Sentir apego pola familia
O contorno e a prevención
Prevención nas escolas
Participación en actividades preventivas
Coñecer mensaxes preventivas
Integración no barrio, lugar
Ausencia de drogas e delitos na zona