Estudantes
Sumario
ÁMBITO EDUCATIVOPRIMARIA
SECUNDARIA
BAC, FP
Que queremos conseguir coa prevención escolar?
Preguntas que os nenos poden facer acerca das drogas
Talleres Educativos
Os talleres educativos baséanse nun traballo adaptado a cada etapa, centrado nunhas dinámicas de tipo participativo, nas que en función das idades recibirán información e formación sobre a saúde de aqueles elementos que inflúen nela de forma negativa.Partimos de que as actitudes e hábitos relacionados coa saúde que se adquiren ao longo da infancia, inciden de forma moi significativa no modo en que nenos e adolescentes se enfrontan ao consumo de substancias que danan a súa saúde, de aí a importancia da prevención neste momento. A alimentación, os hábitos de sono e hixiene persoal, a actitude cara o seu propio corpo e o seu coidado, a valoración da saúde como elemento imprescindible para a calidade de vida, o ocio, entre outros, son aspectos esenciais do currículo.
EDUCACIÓN PREVENTIVA
O concepto de educación preventiva abarca tanto a prevención de drogodependencias, como do resto de hábitos que prexudiquen a saúde, entendida esta segundo a definición da OMS (Organización Mundial da Saúde): "A saúde é o estado de completo benestar físico, psíquico e social, non soamente a ausencia de enfermidade".Esta definición comprende os principais soportes nos que se vai basear a promoción e o desenvolvemento da saúde, así como a prevención de hábitos pouco saudables.
A Educación Preventiva debe de abarcar os seguintes puntos:
Valoración da saúde como un ben fundamental
Desenvolvemento da autoestima
Resistencia á presión de grupo
Capacitación para a toma de decisións razoadas
Información veraz sobre os efectos das drogas e o fenómeno da drogodependencia
Dentro dos nosos obxectivos habería que falar de:
Coñecer os hábitos e actitudes respecto da saúde
Mellorar os hábitos de alimentación, descanso, ocio, hixiene corporal
Desenvolver unha actitude de valoración da saúde e de rexeitamento cara prácticas que a poidan danar
Tomar conciencia do risco que supón o consumo e abuso de substancias nocivas para a saúde
Potenciar e reflexionar sobre as capacidades persoais: autoestima, autocontrol e resolución de conflitos, que nos defenden de dito consumo
As nosas actuacións foron desde o día 25 de outubro ata o 11 de maio, e que comprenderon tanto charlas para grandes grupos, como talleres de varias sesións en primaria e secundaria, desenvolvéndose nos seguintes centros da capital lucense: DIVINO MAESTRO, DIVINA PASTORA, NADELA, AS MERCEDES, Mª. AUXILIADORA, ILLA VERDE, LA ANEJA, QUIROGA BALLESTEROS, ALBEIROS, SAN XILLAO, XOÁN MONTES, LEIRAS PULPEIRO e LUCUS AUGUSTI.
Os contidos nas sesións foron os seguintes: Saúde - Hábitos saudables. Tabaco-Alcohol. Mitos falsos sobre estas drogas. Beneficios da ausencia do seu consumo. Aproveitamento, goce e organización do tempo libre. Estilos de vida saudables. Medicamentos. Uso. Riscos da automedicación. Droga ou non?.
Algunhas das actividades desenvolvidas foron: Xogo de presentación. Dinámica como "o circuíto" (pregunta-resposta). Análise de texto (cancións de grupo ou artigos interesantes). Test de mitos e realidades (dinámicas con fichas de mitos e as realidades.). Recompilación de distintos anuncios de prensa que manexa a xuventude (análise crítico e a súa relación coa indución ao consumo). Deseño e elaboración dun produto ficticio para logo tratar de vendelo. As mil e unha posibilidades de divertirme (deseño de propostas e ideas para pasar un bo día, libre de riscos e problemas...).