Cuestión de Lei
"Algunhas persoas manteñen un medo reverencial á información sobre as drogas. Como se dispoñer dunha información acertada sobre elas fose aumentar o consumo. A realidade é ben distinta. A información é un recurso necesario para tomar decisións intelixentes, informadas, autónomas, ante calquera desafío. Os riscos reais proceden da ignorancia. Non hai elección libre sen un saber acertado.
Unha sociedade máis culta, máis informada e mellor formada sobre as drogas será máis capaz de convivir nun mundo no que estas existen, reducindo o risco de establecer con elas relacións conflitivas"
1. Por que é un delito traficar con drogas?
Porque as drogas son prexudiciais para a saúde, e traficar con elas significa por en perigo a saúde dos demais. É polo tanto, un delito contra a saúde pública.2. Que é un delito e que non?
É delito cultivar, elaborar, traficar e promover, favorecer ou facilitar dalgunha maneira o consumo de drogas ilegais. Tamén ter drogas destinadas ao tráfico ou a promover o consumo. *Non é delito o autoconsumo, nin ter ou comprar pequenas cantidades sempre que poidas demostrar que só son para o teu consumo. OLLO! (aí está o problema…)3 É legal o autocultivo?
Como norma xeral considérase un delito xa que pode favorecer ou promover o consumo de drogas ilegais. Aínda así, quen cultivase de forma discreta pequenas cantidades para o seu consumo, non estaría promovendo o uso de drogas a terceiros…pero coidado cos cultivos e onde se fan…OLLO!4 Hai riscos por comprar, tomar ou levar drogas?
Se te ven, está claro que si, hai condutas que aínda que non sexan delito pódense castigar con multas (lei Corcuera) establece multas dende 300,51 euros ata 30.050,61 por consumir drogas en lugares públicos, por tirar neses lugares as cosas usadas para consumilas ou por levar drogas que son para o propio consumo.5 Como saben os tribunais se é para consumo propio ou para tráfico?
*Fíxanse nas probas seguintes:- Se a persoa é consumidora ou non
- A cantidade
- Se estaba ou non escondida
- Se estaba dividida en doses
- Se había instrumentos para pesala ou dividila en doses.
- Se había produtos para cotarla ou adulterala.
- Se había grandes cantidades de diñeiro
- Outras…