🍷🥃🥴
Campaña Á TÚA SAÚDE:

Non perdas o equilibrio


 

Conscientes dos desafíos que enfrontamos en materia de consumo de alcohol, especialmente entre a mocidade, o Servizo de Adicións da Concellería de Xuventude e Deportes lanza "Á Túa Saúde: Non perdas o equilibrio". Esta campaña (enmarcada no programa +Xti) levántase como un esforzo continuo, que ten como obxectivo concienciar e sensibilizar á nosa poboación en xeral, pero en particular á nosa mocidade, sobre a importancia do consumo responsable de alcohol e o importante papel que xogan os establecementos hostaleiros neste esforzo. 

Se tes un local de hostalería e estás interesada/o en participar na campaña, chámanos ao 982 297 498. Os membros da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo (APEHL) poderán solicitar tamén alí a adhesión á campaña (https://apehl.org/).