parallax background

Profesionais


Consellos útiles para educadores/as, mestres/as, profesores/as ou titores/as sobre como tratar o tema da prevención das drogodependencias cos rapaces e rapazas

1. QUE É PREVIR ??

É anticiparse á aparición dun problema
É educar desde idades mozas con elementos de protección
Non é unicamente informar sobre substancias, riscos e consecuencias
É fomentar o desenvolvemento de habilidades e recursos persoais
É reforzar a autoestima do neno/a ou moza/o
É fomentar alternativas de ocupación do tempo libre
É coñecer e desenvolver factores de protección

2. CONSELLOS PARA FALAR DAS DROGAS NA AULA E ACTITUDES A TER EN CONTA:

*A forma de comprender e utilizar a información das drogas e os seus efectos está determinada pola forma na que o docente transmite os contidos e a actitude que adopta fronte ao tema.
Crea un clima de confianza e confidencialidade
Forma máis que informa. A información soa non protexe. "informar non é educar"
Sente respecto polo corpo humano e a saúde
Non escandaliza, critica ou menospreza actitudes e/ou comportamentos, senón que se pode tratar de modificalos
É importante saber que as drogas legais son tamén drogas, e que frecuentemente son drogas de iniciación
A túa postura fronte ás drogas será sempre clara e convincente, e cunha actitude de oposición
Promove a discusión de aspectos sociais e psicolóxicos dos que consumen máis que das características farmacolóxicas das substancias
Móstrate dispoñible e aberto ao diálogo, sen ridiculizar, respectando a experiencia e opinións dos/as alumnos/as. Sitúate no rol de adulto, non de "igual" dos teus alumnos/as
Utiliza estratexias axeitadas á etapa de desenvolvemento dos alumnos/as
Recoñece a túa implicación na tarefa preventiva
Trata de informarte, formarte e/ou capacitarte no tema
Mantente ao corrente do estado da cuestión sobre drogodependencias no medio ambiente escolar e no seu entorno
Dispón de material de apoio e dun listado de recursos da comunidade en materia de orientación e tratamento das drogodependencias

A información que se transmita, ou entregue debe:
SEMPRE
Ser veraz, crible, e fidedigna
Estar acompañada doutras estratexias preventivas que estimulan o desenvolvemento de habilidades persoais
Ser adecuada á idade e ao nivel de coñecementos dos/as alumnos/as
E NUNCA
Sobredimensionar os aspectos dramáticos e morbosos
Resaltar os aspectos negativos do consumo, e os positivos de "non consumir"
Resaltar excesivamente os perigos do consumo, pois o risco forma parte dos valores dos adolescentes
Esquecer a promoción ao análise e a discusión ao momento de entregar información
Facer un inventario exhaustivo das diferentes drogas, as súas características e os seus efectos, por risco a incentivar as curiosidades dos/as alumnos/as
Dar información non requirida polo alumnado sobre substancias e produtos descoñecidos
Negarse, obviar ou rexeitar falar do tema, cando sexa preciso ou solicitado polos alumnos/as que así o demanden

A prevención nos colexios

A educación e formación son as mellores ferramentas para usarse como instrumentos de prevención. Sendo a familia a principal educadora, o colexio é o marco que ofrece mellores posibilidades para colaborar no proceso.
Esta situación óptima fundaméntase en certas comprobacións e vantaxes:
A etapa na que a nena/o asiste ao colexio atópase nunha posición máis educable, con maior capacidade de adquirir valores, hábitos, e actitudes axeitados para o seu desenvolvemento
O tempo que a nena/o pasa na escola, ata ser adolescente, posibilita facer programas continuos e avaliables no tempo, acordes a cada nivel.
Ofrece a posibilidade de traballar con directivos, docentes, nais, pais, alumnado, persoal non docente...etc, integrados e responsables do quefacer preventivo.

Principalmente no colexio aprende moito máis que os coñecementos que se transmiten na aula. As relacións que se viven no colexio, son fonte importante da aprendizaxe.
É o colexio onde a/o nena/o e a/o adolescente se relacionan cos seus pares e forman parte dun grupo. Nese marco é doado recoñecer certos comportamentos que poden constituír, se no son corrixidos, factores de risco xa subliñados.
O principal obxectivo da educación preventiva, é ofrecer aos/ás nenos/as, adolescentes e mozas e mozos, principios firmes, para estar convencidos de rexeitar a posibilidade do consumo de drogas.

As bases destas intervencións deben resaltar:
Que a maioría deles NON consumen drogas
Que a información sobre drogas non pode ser sensacionalista nin ameazante
Que o alumnado é solidario os uns cos outros, non sendo os seus cómplices, senón, polo contrario, ofrecéndolles o seu apoio e sendo un referente testemuño.

Programas e modelos de prevención

Para poder asegurar a súa eficacia, a prevención debe estar presente nas materias que se ditan regularmente. Non é unha materia aparte, senón que é globalizada.
Trátase de aproveitar os momentos axeitados para alentar comportamentos positivos e facilitar o desenvolvemento da conciencia crítica, en canto a drogas se refire.
Preparar un programa é elaborar un conxunto de accións que se relacionan entre si para acadar o que se propuxeron

Todo programa de prevención educativa debe sorprender a todo o persoal docente e non docente; necesariamente debe estar impulsado polos seus directivos/as, quen deben aplicar estratexias de intervención:
Proporcionar información e capacitación a TODO o persoal do colexio
Revisar e avaliar a marcha do proxecto
Promover un ambiente saudable na escola
Implicar a toda a comunidade educativa na elaboración e aplicación de programas preventivos no colexio
Facer partícipe do mesmo ás nais e pais para xuntar esforzos e criterios
Deseñar un proxecto educativo significa coñecer as necesidades de cada colexio para traballar con esas demandas, evitando así unha acción contra preventiva
Coordinar con outras comunidades educativas tarefas conxuntas, ricas no aproveitamento de esforzos e recursos
Introducir no quefacer cotiá escolar, a "observación e o seguimento", evitando así intervencións sorpresas, medianamente, os seguintes interrogantes:
Por que facelo? Fundamento do programa
Que quero conseguir? Obxectivos do programa
Como o vou facer? Metodoloxía
A quen vai dirixido? Destinatarios do Programa
En que tempo? Calendario do Programa
En que vai consistir? Actividades do programa

Finalmente, en todo programa de prevención escolar débense respectar os seguintes NON:
NON usar técnicas que apelen ao medo e/ou ao sensacionalismo, que serían contra-preventivas
NON utilizar ilustracións, vídeos, ou películas que mostren formas de uso de drogas, que despertarían un interese innecesario
NON levar adictos recuperados como únicos conferenciantes sen outras persoas que os acompañen, porque poderían espertar equivocadas interpretacións

A prevención do consumo de drogas na ESO

Se existe unha etapa evolutiva no desenvolvemento das persoas na que a acción preventiva relacionada co consumo das drogas é máis necesaria e ten maior efecto, esta é a etapa adolescente.

A educación Secundaria Obrigatoria (ESO) correspóndese co momento evolutivo dos alumnos/as entre 12-16 anos. Son anos que coinciden coa pre-adolescencia e a primeira adolescencia, nos que se producen importantes cambios fisiolóxicos, psicolóxicos e sociais. É un período complexo, aínda que non necesariamente conflitivo.

As rapazas e rapaces destas idades defínense como suxeitos en proceso de transición da infancia á xuventude e a vida adulta. Este proceso de transformación, evolución, e os propios cambios conleva e orixina desequilibrios e ás veces conflitos.

A adolescencia supón unha etapa de desenvolvemento psicolóxico peculiar, cunha base biolóxica clara, como é o comezo da puberdade. A aparición da puberdade coas súas enormes repercusións sobre a maduración do organismo inflúe de maneira decisiva na forma de percibir aos demais.

Este período da vida coincide coa aparición e afianzamento do que será o último dos estados cognitivos, denominados das "operacións formais" caracterizado desde o punto de vista funcional pola aparición das estratexias de resolución de problemas propios do pensamento formal cuxas características esenciais son as seguintes:
É capaz de razoar non só sobre o real, senón tamén sobre o posible
Entende e produce enunciados que se refiren ás cousas que non sucederon e que son puramente hipotéticas e es capaz de examinar as consecuencias de algo que se toma coma unha hipótese
Entende fenómenos que están lonxe no espazo e no tempo
É capaz de razoar sobre problemas abertos e complexos, examinando sucesivamente diversas alternativas

Nestas idades, o pensamento das mozas e mozos xa non vai unicamente sobre situacións e obxectos concretos, senón que é capaz de razoar dunha forma complexa, formando conceptos, deducindo e inducindo. En poucas palabras, comeza a superar a dependencia do concreto que caracteriza ao pensamento infantil, de forma que xa non está limitado a unha mera observación da realidade senón que empeza a ser capaz de manipular mentalmente a realidade.

Aparece un tipo de organización intelectual, que nos vai permitir inducir á reflexión sobre asuntos da súa realidade cotiá, á contrastación de ideas e opinións, ao análise de problemáticas actuais, á formulación de hipóteses e as súas posibles consecuencias, etc; polo tanto, é o momento propicio para, dunha forma específica, abordar o tema das drogodependencias na aula.

A continuación, sublíñanse algunhas características psicosociais significativas do momento evolutivo que poden incidir no inicio do consumo de drogas por parte do alumnado que se encontra cursando a ESO.

O rol do docente

O docente descobre que na prevención escolar a súa tarefa é sumamente valiosa, e que se manifesta a través da relación que ten cos seus alumnos/as. Como na familia, ten o principal privilexio do cotiá, ademais do continuo permanente contacto con neno/as e rapaces/as.

Xunto coa familia, o docente é a persoa máis adecuada para asumir unha tarefa de prevención. Para os alumnos é moito máis que aquel que ensina coñecementos e lles esixe disciplina. Desta forma, ocupa un papel de mediador entre a sociedade e o alumno, tratando de xerar un sentido crítico da realidade, para descubrir as súas contradicións, e lograr fomentar accións para preservala ou modificala.

No tema da prevención en drogodependencias xorde a necesidade de educar para a súa saúde e para a vida, que constitúe a prevención primaria, cos destinatarios os alumnos que non tivesen contacto coa droga, e polo tanto, non son unha poboación de risco. Neste caso insístese en reforzar habilidades e o desenvolvemento de valores para poder afianzar a súa responsabilidade e autonomía.

Pero o/a docente tamén cumpre un importante papel na prevención secundaria, sendo os destinatarios aqueles alumnos/as que tivesen algún contacto (esporádico, infrecuente) de experimentador, e que se encontran na etapa de "uso indebido". Neste suposto, a postura alerta, non persecutoria ou de "espía", do docente é fundamental. Canto antes se detecte e actúe adecuadamente, mellores serán os resultados, se ben o diagnóstico, avaliación e posterior tratamento corresponden a especialistas, o docente é importante na identificación o máis cedo posible do problema e na busca de asesoramento.
Esta tarefa non é moi diferente das oportunidades nas que se identifican outros tipos de problemas, por exemplo: de aprendizaxe, conduta, violencia, desadaptación, abandono, etc. Moitas veces estes problemas son acusados polo consumo. As estratexias de identificación son as mesmas; só que neste caso son sostidas ademais, pola imprescindible información e formación sobre o tema.

O docente debe contar cunha actualizada información, clara e seria, sobre a natureza e extensión do problema. Por exemplo no caso do "alcohol" nos xoves, son cada vez máis mozas/os, case nenos/as, os que inician este "xogo" para divertirse, sen ter conciencia de que o alcohol é unha droga moi perigosa, a pesar de ser legal e socialmente aceptada.